O castro de Doade ou castro de Penedo é popularmente coñecido como a Aurela do Castro e está situado no extremo setentrional dunha lomba, preto da ruptura de pendente cara ao val do río Asneiro, a 100 m do lugar de Penedo e Taín, e a 250 m da aldea de Codeseda, parroquia de Doade. As súas coordenadas UTM (ETRS89-Fuso29) son 570.775-4717.617 e atópase situado a unha cota máxima de 544 m.
Tanto a súa coroa, coñecida como a Aurela do Castro, coma o antecastro circundante foron destinados a pastoreo do gando e uso agrícola dos veciños, que utilizaron a zona central e a parte occidental da coroa como canteiras para arrincar a pedra destinada á cimentación e construción de casas e valados dos lugares máis próximos.
Trátase dun típico castro de ladeira, con cambio de pendente: na súa parte alta, contén dobre foso escavado na rocha nai, que separa o terreo do antecastro da súa a Aurela ou coroa, e na parte inferior consta dunha gran muralla ou terraplén a carón do cambio de pendente, que acada gran altura na súa cara norte.
Na parte sur do castro tamén se localizou outro foso de grandes dimensións a uns 40 m de distancia da muralla.
O castro posúe un único recinto de forma tendente á circular, cun eixe interior E-O duns 100 m e preto de 120 o do exterior. No seu eixe norte-sur mide uns 95 m o interior, e uns 105 o do exterior. Ocupa unha superficie, como xa mencionamos, lixeiramente inferior a unha hectárea. O seu perímetro está delimitado por un terraplén construído artificialmente cara ao sur e isto crea unha terraza aproveitando un afloramento rochoso situado no centro do castro. Cara ao norte adquire un gran desenvolvemento en altura (máis de 7m) ao coincidir coa escarpa cara ao val do río. Actualmente non se detectan evidencias dun foso delimitando a parte sur, pero a fotografía aérea mostra crecementos desiguais dos cultivos, polo que non se descarta a presenza de varias estruturas deste tipo. Na parte occidental, a partir da fotografía histórica, parece que podemos situar o acceso orixinal (hoxe en día accédese tamén dende o sur), lugar onde se realizou unha explanación de parte das defensas do castro para favorecer os cultivos agrícolas.
A intervisibilidade dende a Aurela destaca pola visión doutros tres castros: o de Ludeiro-Vilatuxe (a 2,7 km), o de Vilanova (a 1,7 km) e o de Costoia (a 3,5 km). Tamén son visibles a práctica totalidade dos lugares de Doade, Vilanova e Soutolongo, e parte da parroquia de Botos. Ao redor do castro rexistrouse abundante folclore relativo á presenza de varias lendas dos mouros e tradicións que mencionan a aparición de trabes de ouro, recollidas grazas á recompilación oral realizada dende o museo Casa do Patrón.
Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración.Política de cookiesAceptar
Privacidade / Política de cookies
Política de cookies
Cando visita esta web instalamos no seu ordenador ou dispositivo móbil uns pequenos ficheiros chamados cookies.
Que son as cookies?
As cookies permiten que o sitio web lembre os seus movementos e preferencias durante un tempo, de maneira que non os teña que volver indicar cada vez que o visite ou navegue polas súas páxinas.
Como utilizamos as cookies?
As nosas páxinas utilizan cookies propias para lembrar as súas preferencias de idioma e de sesión, que quedan almacenadas no seu ordenador mentres non as borre ou ata que expiren.
Para executar as principais funcións do sitio non é imprescindible que as acepte, pero se o fai facilitaráselle a navegación. De todos os xeitos, sempre as pode borrar ou bloquear en calquera momento.
Cookies de terceiros
Os portais web da Deputación de Pontevedra usan as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias na web co fin de mellorar os servizos que se ofrecen. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.
Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme ás condicións de prestación do servizo de Google Analytics.
Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, pode acceder ao complemento de inhabilitación para navegadores de Google Analytics.
Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha.
Datos persoais
A información transmitida polas cookies non se utiliza para a súa identificación persoal e os datos rexistrados sobre os seus patróns de navegación consérvanse en condicións de máxima seguridade. Estas cookies non se utilizan para outros fins que os indicados.
Como controlar as cookies
Vostede pode controlar ou borrar as cookies sempre que o desexe. Pode eliminar todas as cookies do seu ordenador. A maioría dos navegadores tamén se poden configurar para que as deixen de aceptar, pero teña presente que, se o fai, pode ter que configurar manualmente algunhas preferencias cada vez que visite unha web e algúns servizos poden deixar de funcionar.
Para aceptar ou rexeitar as cookies desta web só ten que facer clic na ligazón correspondente: Acepto as cookies/Rexeito as cookies.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten funcionalidades básicas e funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.